ExploraTree, crea e comparte mapas conceptuais en Internet


Atopámonos con ExploraTree, outra aplicación online que nos permite a creación e, no seu caso, revisión colectiva, dos mapas conceptuais que podemos realizar. Non se trata, para nada, dunha ferramenta complexa.

Máis ben o seu uso é en grao sumo simple, onde a principal vantaxe que temos son os numerosos persoais das que podemos partir para crear os nosos mapas conceptuais.

E como dixemos antes, estes mapas conceptuais poden ser revisados por persoas concretas ou grupos de usuarios, polo que se nos permite a creación de grupos, xa que unha vez teñamos calquera mapa conceptual, este pode ser enviado e compartido a persoas individuais, grupos, e mesmo pode ser copiado por outros usuarios a través dunha URL.

No caso de que o mapa conceptual sexa enviado, os destinatarios estarán limitados a incluír os seus propios comentarios, aínda que se o mapa conceptual foi compartido, os usuarios poden participar no seu desenvolvemento.

ExploraTree é unha das opcións máis sinxelas e funcionais que existen para aqueles que non necesitan máis opcións para realizar sinxelos mapas conceptuais.

Vía Genbeta
AddInto

Mapas Conceptuais

Os mapas conceptuais son unha fantástica ferramenta que nos permite representar gráficamente o coñecemento.
Están formados por conceptos que se relacionan entre si por medio de palabras e liñas de enlace formando así oracións.
Os mapas conceptuais estrutúranse en forma xerárquica na que os conceptos máis xerais están na raíz da árbore e a medida que imos descendendo polo mesmo ímonos atopando con conceptos máis específicos.

Como construír un mapa conceptual?
  1. Seleccionar un tema
  2. Agrupar
  3. Conectar
Seleccionar

Despois de ler un texto, seleccionar os conceptos cos que se vai a traballar e facer unha lista con eles.

Agrupar

Agrupar os conceptos cuxa relación sexa próxima.

Conectar

Conectar os conceptos mediante enlaces. Un enlace define a relación entre dous conceptos, e este ha de crear unha oración correcta. A dirección da frecha dinos como se forma a oración

Na seguinte presentación feita por Lourdes Barroso podes ver as principais características dos mapas conceptuais e como instalar Cmap Tools o programa que imos utilizar en clase para traballar.




Características técnicas de Cmap Tools

* Sistemas operativos: Windows, Linux, MacOS e Solaris
* Ten carácter gratuíto. Descarga do programa.
* Fácil de usar. Dispón de bos e completos tutoriales.
* Permite o traballo con ou sen conexión a Internet, aínda que se obtén o máximo rendemento se se traballa con conexión.
* Dispón dunha versión do programa para instalar en servidores.
* Ofrece aloxamento web gratuíto para a publicación dos mapas en Internet, sen máis complexidade que a de crear un cartafol nalgún dos servidores públicos de IHCM e aloxando o mapa nela, accédese a esta opción desde o propio programa. O/a creador/a convértese en administrador da mesma e establece os permisos dos demais usuarios:
Só lectura
Engadir anotacións
Modificar
Administrar
* Permite traballo colaborativo


Tamén existen ferramentas on line para crear mapas conceptuais, como:

AddInto

Google Earth amosa 14 obras maestras do Museo do Prado en alta resolución


No blog de Google earth atopámonos un interesante entrada que nos informa dunha nova capa para Museo do Prado. Ten de especial que mostra unha selección de 14 pinturas que foron escaneadas a unha resolución moi alta.

Pódese seleccionar unha foto e ver algúns detalles sobre o cadro, e despois clicar na imaxe máis grande para voar dentro do museo e vela en alta resolución.
Para acceder a ela hai que buscar o Museo do Prado en Google Earth, unha vez alí seleccionar a capa (atópase á entrada do edificio). É verdadeiramente incrible, pódense ver as pinceladas individuais, as texturas das lonas e nalgúns casos gretas na superficie da pintura.


AddInto

Visita a Roma antiga en 3D




Ver en 3D todos os pormenores da Roma antiga agora é posible grazas a Google Earth.
Por primeira vez, Google publicou unha capa especial cun modelo 3D dunha cidade antiga en Google Earth.

A capa contén máis de 6.700 modelos de edificios 3D e pódese aprender máis dos edificios facendo clic nas máis de 250 marcas de posición de lugares craves e nos vínculos que aparecen nas descricións e que levan ao público cara a información da enciclopedia topográfica, fontes de bibliotecas antigüas, literatura antigüa, etc.

Unha característica extra da cidade 3D é que 11 edificios conteñen interiores visibles - por exemplo: a Basílica de Maxentius, o Coliseo, o Foro de Xullo César, Ludus Magnus, Templo de Venus e Roma, Templo de Vesta, Rexia, Basílica Lulia, Basílica Aemelia, Curia Iulia, Tabularium.

Na capa "Roma antiga en 3D" podes:

* Voar á Roma do ano 320 d. C.
* Pasear polo interior de edificios famosos
* Visitar sitios en 3D como o Foro Romano, o Coliseo e o Foro de Xullo César
* Aprender como vivían os romanos

A descarga e gratuíta e podes tamén visitar o blog de Google Earth


AddInto

Convocadas 2 650 prazas de inmersión lingüística

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.650 prazas para realizar actividades de inmersión lingüística no verán de 2009.

Prazo límite de solicitude o 9 de febreiro. A solicitude debe facerse na páxina da Xunta

O trámite pódese realizar dende equipos informáticos do propio centro.
AddInto

Google Maps

Desde o ano 2005, Google puxo en funcionamento un sevicio gratuíto de mapas dixitais que permiten o desprazamento por toda a xeografía do globo terráqueo e a localización de cidades, montañas, ríos ou calquera outro compoñente da paisaxe da Terra. Baséase en mapas creados a partir dos satélites que teñen a súa órbita xeoestacionaria sobre a Terra, e que son os mesmos que utilizan os dispositivos GPS.

Existen varios modos de traballar con Google Maps, nos seguintes vídeos podes aprender como funciona.

AddInto