Personalizar o pendrive

Agora  personalizaremos o noso pincho ou pendrive, con unha serie de aplicacións portables, as cales nos permiten levar connosco as ferramentas que utilizamos mais frecuentemente sen necesidade de telas instaladas no ordenador.
Dende estas páxinas podedes descargar paquetes de programas moi útiles.
Ademais deixovos un ligazón a un artigo onde podedes ler outras aplicacións moi interesantes para os pendrives
AddInto

Comezo de curso

Como o curso pasado utilizarei o blog Tecnoloxías e TICs coma blog de aula para desenvolver a materia de Tecnoloxías da Información e Comunicación de 1º de bacharelato no IES Sofía Casanova. Aquí irei publicando actividades, recursos, ligazóns, novas,... relacionadas coa materia.
Así que para empezar, a primeira actividade que tedes que facer é:
  1. Configurar unha conta en Gmail
  2. Enviarme un correo electrónico para indicarme a vosa dirección a tecnosofiacasanova@gmail.com
  3. Suscribirvos por correo a este blog, "Tecnoloxías e TICs" para que deste xeito todas as actualizacións cheguen a vosa conta
AddInto