O clube de Roma



Lee o texto que Javier Valenzuela publicóu en El País e destaca os puntos que comenta acerca da influencia das novas tecnoloxías na sociedade actual.


AddInto

Actividades

Contesta as seguintes preguntas no teu blog para deste xeito ir facendo o teu caderno dixital. Non te esquezas de crear nas entradas unha etiqueta "Actividades"


  1. Investiga acerca dos seguintes inventos: a imprenta, o teléfono, o telégrafo, a máquina de escribir e a televisión. Indica quen os inventou e en que ano, e analiza a repercusión social que tiveron na súa época.
  2. Busca nos periódicos as últimas novas que se publicaron sobre as posibilidades que ofrece a rede en Internet.
  3. Investiga acerca dos satélites de comunicacións que se están utilizando en España como transmisores de información.
AddInto

As Tecnoloxías da Información



As tecnoloxías da información e a comunicación, tamén chamadas TIC, comprenden todos aqueles medios electrónicos que almacenan, crean, recuperan e transmiten información en grandes cantidades e a grande velocidade.

Inclúen o uso conxunto de ordenadores, microelectrónica e telecomunicacións como instrumentos para obter, almacenar, distribuir, producir, manipular, procesar e transmitir a información de forma cada vez máis segura rápida e económica.

Nos últimos anos estamos asistindo a unha espectacular expansión das TICs. As bases deste desenvolvemento son:

  • A evolución dos ordenadores.
  • A irrupción dos ordenadores en todos os ámbitos.
  • A utilización da tecnoloxía multimedia.
  • A aparición do módem.
  • O avance das telecomunicacións.
  • A aparición das autopistas de información.
  • A utilización xeneralizada das autopistas da información.
  • A aparición de novas tecnoloxías para teléfonos móviles (WAP, GPRS, UMTS, HDPA, 3G Y 3,5G)




AddInto

Gmail o correo de Google


É un dos servizos de correo máis populares en Internet.

As súas principais características son as seguintes:
  • Servizo gratuíto.
  • 2.5 Gigabytes iniciais de almacenamento.
  • Busca de mensaxes.
  • Conversacións agrupadas.
Gmail é un servizo completamente gratuíto, dende Febreiro de 2007 está dispoñible para todo o mundo, para crear unha conta só hai que ir á web de gmail e solicitala.

Google intenta desmarcarse dos seus competidores ofrecendo un servizo libre de publicidade , e seguindo o que ata agora é a súa filosofía, só ofrece pequenos anuncios de texto e vínculos a páxinas web que poidan interesarche.

O seu grande poder de almacenamento desmárcao dos demais servizos de correo gratuíto en Internet, pois aínda que agora a súa capacidade se atopa sobre os 2,8 Gb, Google segue incrementando esta cantidade a cada segundo que pasa. De feito, é posible ver a cantidade exacta ao momento na súa páxina de log-in.

As Conversacións en Gmail

Outra das características únicas de Gmail é a posibilidade de crear conversacións para un mesmo tema, desta forma todas as repostas a un correo se mostra como unha soa mensaxe. A isto é o que Gmail chama Conversación.

Desta forma cando recibas unha mensaxe podes contestalo pulsando o enlace que atoparás ao pé Responder. Se o correo foi enviado a máis dunha persoa tamén se mostrará a opción Responder a Todos para mandar un correo colectivo a todas aquelas persoas que recibiron a primeira mensaxe.

Con Gmail poderás tamén enviar arquivos adxuntos de ata 10 Megabytes de tamaño. Algo que fai deste correo un servizo moi útil mesmo para gardar copias de seguridade dalgúns arquivos aos que poderás acceder dende calquera parte do mundo.


por Jesús Castro. IES Concepción Arenal.
AddInto

O blog ou caderno dixital

Un autor ou un grupo reducido deles, escribe un contido sobre o que os lectores poden opinar.
Organízase de maneira que o último escrito é o primeiro que se pode ler, e os comentarios dos lectores pódeselles dar mais ou menos importancia.


Un blog con unha actualización frecuente pode ter un bo número de lectores que coas súas opinións e comentarios enriquecen o tema tratado nunha determinada entrada.
O blog pode ser un taboleiro de anuncios, o profesor pode publicar enlaces e contidos.
O blog pode utilizarse para organizar o debate na clase sobre un determinado tema.
O profesor pode empregalo blog para organizar seminarios e resumes dos temas ou lecturas.


O estudante pode:

  • Escribir os seus propios blogs.
  • Introducir comentarios noutros blogs.
  • Aportar enlaces.
  • Expoñer dúbidas e realizar preguntas, enriquecendo a aprendizaxe
AddInto

O noso primeiro Blog




Hoxe na clase, estivemos aprendendo a facer un blog en Blogger un servizo de creación e aloxamento de blogs propiedade de Google.
Na sección de Aula Virtual da páxina web do instituto podemos acceder o curso de Creación e uso educativo de blogs no que atoparedes información para crear e configurar o voso blog.







AddInto