Gmail o correo de Google


É un dos servizos de correo máis populares en Internet.

As súas principais características son as seguintes:
  • Servizo gratuíto.
  • 2.5 Gigabytes iniciais de almacenamento.
  • Busca de mensaxes.
  • Conversacións agrupadas.
Gmail é un servizo completamente gratuíto, dende Febreiro de 2007 está dispoñible para todo o mundo, para crear unha conta só hai que ir á web de gmail e solicitala.

Google intenta desmarcarse dos seus competidores ofrecendo un servizo libre de publicidade , e seguindo o que ata agora é a súa filosofía, só ofrece pequenos anuncios de texto e vínculos a páxinas web que poidan interesarche.

O seu grande poder de almacenamento desmárcao dos demais servizos de correo gratuíto en Internet, pois aínda que agora a súa capacidade se atopa sobre os 2,8 Gb, Google segue incrementando esta cantidade a cada segundo que pasa. De feito, é posible ver a cantidade exacta ao momento na súa páxina de log-in.

As Conversacións en Gmail

Outra das características únicas de Gmail é a posibilidade de crear conversacións para un mesmo tema, desta forma todas as repostas a un correo se mostra como unha soa mensaxe. A isto é o que Gmail chama Conversación.

Desta forma cando recibas unha mensaxe podes contestalo pulsando o enlace que atoparás ao pé Responder. Se o correo foi enviado a máis dunha persoa tamén se mostrará a opción Responder a Todos para mandar un correo colectivo a todas aquelas persoas que recibiron a primeira mensaxe.

Con Gmail poderás tamén enviar arquivos adxuntos de ata 10 Megabytes de tamaño. Algo que fai deste correo un servizo moi útil mesmo para gardar copias de seguridade dalgúns arquivos aos que poderás acceder dende calquera parte do mundo.


por Jesús Castro. IES Concepción Arenal.
AddInto

No hay comentarios:

Publicar un comentario