Se hai unha aplicación que está de moda nos últimos días esa é sen dúbida Spotify. Trátase dun reprodutor musical co cal non necesitaremos ter na nosa máquina toda a nosa discografía, ao conter esta aplicación unha ámplia libraría musical na cal podemos atopar todo o catálogo de discográficas tan importantes como EMI, Universal, Sony BMG e Warner Music.
En teoría, para acceder á aplicación é necesaria unha invitación, aínda que hai unha url aberta (https://www.spotify.com/en/get-started/) na cal poderemos rexistrarnos sen necesidade dela. Unha vez rexistrados poderemos acceder á descarga dun programa que necesitaremos instalar no noso computador. Existe versión tanto para windows como para mac, faltando para linux, aínda que na mesma páxina móstranse os pasos necesarios para facer funcionar a versión de windows en linux mediante Wine.
A aplicación chama a atención pola súa sinxeleza, cunha aparencia limpa e simple, na cal contamos cun buscador, onde poderemos atopar case calquera canción (e cada día amplíase máis a oferta) ou diferentes radios para escoitar e descubrir música de diferentes décadas e temáticas. Ademais, poderemos crear as nosas propias listas de reprodución, e mesmo compartilas con outros usuarios mediante unha ligazón que podemos obter. Ésta foi unha das causas polo que a aplicación está en boca de todo o mundo, xa que en calquera momento podemos mostrarlle aos nosos amigos unha lista coas nosas cancións favoritas.
Existe unha versión gratuíta, na cal a única limitación é que cada certo número de cancións introduciranos unha cuña publicitaria. Tamén dispomos de versións de pago, sendo o seu prezo de 0.99 € ao día ou 9.99€ ao mes, nas cales non aparecerá publicidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario