Condenado por publicar a foto dun compañeiro en Tuenti

No xornal "El País" aparece unha noticia que fala dun rapaz de Sevilla condenado a pagar unha multa de 100 euros por publicar unha foto dun compañeiro de clase na rede social Tuenti.

A sentenza recoñece que a foto foi editada para provocar a burla e os comentarios despectivos.

Es coñecedor de que estes comportamentos constitúen feitos delictivos?, ou pensas que son bromas normais entre a xente da túa idade e que carecen de importancia.

Deixa os teus comentarios
AddInto

Morre Mª Amelia a avóa blogueira

O mércores 20 de Maio morreu Mª Amelia a avóa blogueira. Fíxose famosa cando empezou a escribir o cumplir 95 anos un blog regalou o seu neto. Dende ese momento o blog empezou a ser un dos máis visitados da rede, o que lle valeu para conseguir varios premios entre eles o Best of Blogs, da cadea de televisión internacional alemana Deutsche Welle á mellor bitácora en español. 
Mª Amelia foi entrevistada en moitas ocasións por infinidade de medios, e tamén a visitou o presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero.
Era un exemplo de vitalidade, de gañas de aprender e de bo rollo.
 

Deixovos a ligazón o seu blog.  http://amis95.blogspot.com/


Descanse en paz
AddInto

A Xunta de Galicia gasta máis de 2 millóns de euros en renovación de licenzas Microsoft

Onte apareceu en Barrapunto esta nova, " A Xunta de Galicia gasta máis de 2 millóns de euros en renovación de licenzas Microsoft".
Lea, reflexiona e di cal é a túa opinión respecto diso na sección de comentarios desta entrada
AddInto

Gimp.Software libre para retoque fotográfico

Para desenvolver o tema que estamos a ver na clase "Tratamento dixital de imaxes" quérovos falar de Gimp. Un editor gráfico, pertencente ao grupo de aplicacións de uso libre, con versións tanto para linux como para windows. Dispón de características e funcións moi avanzadas para realizar multitude de retoques fotográficos ( análogos a Photoshop), e a filosofía de traballo é similar ao resto de aplicacións de retoque fotográfico profesionais.
Podes utilizar The GIMP tanto para retocar imaxes como para crear outras novas. Os pinceles cos que conta a aplicación son a brocha, o lápiz, o tampón de clonar e o aerógrafo.
As características de The GIMP son prácticamente as mesmas que as de calquera editor actual de imaxes: sistema de capas, canles alfa, historial de operacións, ferramentas de selección e transformación, máscaras, degradados, etcétera.
Tamén podes utilizar The GIMP para converter imaxes entre formatos, procesar arquivos por lotes ou editar formatos gráficos animados. Ademais, a funcionalidad do programa pode ampliarse mediante a utilización de plugins. Hai máis dun centenar.
Os formatos de imaxe cos que permite traballar son os seguintes: bmp, gif, jpeg, mng, pcx, pdf, png, ps, psd, svg, tiff, tga, xpm e ata svg.
Na seguinte ligazón podedes descargalo desde a páxina oficial: Gimp
AddInto