No xornal "El País" aparece unha noticia que fala dun rapaz de Sevilla condenado a pagar unha multa de 100 euros por publicar unha foto dun compañeiro de clase na rede social Tuenti.
A sentenza recoñece que a foto foi editada para provocar a burla e os comentarios despectivos.
Es coñecedor de que estes comportamentos constitúen feitos delictivos?, ou pensas que son bromas normais entre a xente da túa idade e que carecen de importancia.
Deixa os teus comentarios
6 comentarios:
Parece mal porque se esa persoa sentiuse incomoda coa sua foto publicada, podería avisar ó outro para que a retirase, non é necesaria a denuncia
un BEsiÑo!
Si le molesta su foto, que avise primero antes de denunciar
Soy nacho
Home, mellor seria que lle pedira ó que publicou a imaxe que a retirara pero bueno ten o dereito de podelo denunciar xa que a publicou sen o seu consentimento.
Eu penso que foi excesivo ó denuncialo por iso, xa que o tuenti inclue unha opción que é a de denunciar foto que serve para eliminar as imaxes ofensivas, pero non sei como era a imaxe nin en que medida ofendía ó rapaz, pero sigo pensando que é excesivo
Cada persoa ten o seu dereito de imaxe e de privacidade. Como ben se dí na noticia o neno o que lle subiron a foto ( desconozco como era a imaxe) sentiuse mofado polo resto dos compañeiros pero parecéme raro que se non lle gustou o denunciase directamente. Previamente debería haberlle dito o seu compañeiro que quitase a foto ( esto non se sabe se ocurriu ou non). Polo demais estou de acordo coa sentenza do xuíz e coa multa.
Paréceme que fixo ben. Hai unha falta de discrección impresionante nalgúns casos que teñen lugar dentro do sistema educativo. Agora "todo vale", e moitos mozos non son capaces de examinar con criterio as consecuencias dos seus actos. Asimesmo, este tipo de faltas ós compañeiros nos medios da internet están a ser moi frecuentes e opino que as autoridades deberían ter un maior control nestes sitios web.
Publicar un comentario