Lembrade que un mapa conceptual é unha representación gráfica do coñecemento que están formados por conceptos que se relacionan entre si por medio de palabras e liñas de enlace formando así oracións.
Os mapas conceptuais estrutúranse en forma xerárquica na que os conceptos máis xerais están na raíz da árbore e a medida que imos descendendo polo mesmo ímonos atopando con conceptos máis específicos.
Como construír un mapa conceptual?
- Seleccionar un tema
- Agrupar
- Conectar
Seleccionar
Despois de ler un texto, seleccionar os conceptos cos que se vai a traballar e facer unha lista con eles.
Agrupar
Agrupar os conceptos cuxa relación sexa próxima.
Conectar
Despois de ler un texto, seleccionar os conceptos cos que se vai a traballar e facer unha lista con eles.
Agrupar
Agrupar os conceptos cuxa relación sexa próxima.
Conectar
Conectar os conceptos mediante enlaces. Un enlace define a relación entre dous conceptos, e este ha de crear unha oración correcta. A dirección da frecha dinos como se forma a oración.
Agora deixovos algunhas opcións para construir os vosos mapas:
- Cmaps Tools.
* Sistemas operativos: Windows, Linux, MacOS e SolarisEngadir anotacións
* Ten carácter gratuíto. Descarga do programa.
* Fácil de usar. Dispón de bos e completos tutoriales.
* Permite o traballo con ou sen conexión a Internet, aínda que se obtén o máximo rendemento se se traballa con conexión.
* Dispón dunha versión do programa para instalar en servidores.
* Ofrece aloxamento web gratuíto para a publicación dos mapas en Internet, sen máis complexidade que a de crear un cartafol nalgún dos servidores públicos de IHCM e aloxando o mapa nela, accédese a esta opción desde o propio programa. O/a creador/a convértese en administrador da mesma e establece os permisos dos demais usuarios:
Só lectura
Modificar
Administrar
* Permite traballo colaborativo - XMind ,software libre e multiplataforma ademais existe unha versión portable comprimida en ZIP e executable en cualquera sistema, pensada para facelo dende un pendrive.
- Mindmeister ,aplicación web colaborativa. Só necesita que nos rexistremos no sitio e permite exportar os diagramas a varios formatos.
Free Mind, baseado en Java, Open Source, e baixo licenza GPL. É un software lixeiro, doado de instalar, configurar e utilizar. Ao ser Java é multipltaforma e, polo tanto, dispoñible en Windows e GNU/Linux. Permítenos publicar os mapas en páxinas Web; exportalos a PDF imágenes, e tamén a formatos de gráficos vectoriais de maior calidade; de forma que compartir os nosos mapas sea fácil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario