octubre13,

Rss e Podcast

Os sistemas de tipo RSS permiten consultar todo tipo de noticias, tanto as publicadas nos xornais dixitais coma as doutros medios de comunicación como, por exemplo as emisoras de radio dixitais.

Se a emisión das noticias faise en formato de arquivo de son, entón teríamos os chamados Podcast , ca vantaxe de poder descargar as noticias e escoitalas sen estar conectados a internet.

Existen sitios web de onde podemos traernos cancións simplemente copiando un código e pegándoo no noso blog; un destes servizos é GoEar.





Pero tamén temos a posibilidade de gravar a nosa voz nun servizo como
Vocaroo, que permite gravar desde a mesma web mensaxes de voz, e compartilos con quen queiramos e mesmo nos ofrece o código para polo no teu blog ou web, ou envialo por correo electrónico. Non necesita rexistro para facer uso del, aínda que se estamos rexistrados podemos acceder a todas as mensaxes de voz que gravamos.



Vótalle unha ollada a este vídeo para entender mellor que é isto dos Podcast.




AddInto

No hay comentarios:

Publicar un comentario