Mostrando entradas con la etiqueta Imaxe. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Imaxe. Mostrar todas las entradas

Gimp.Software libre para retoque fotográfico

Para desenvolver o tema que estamos a ver na clase "Tratamento dixital de imaxes" quérovos falar de Gimp. Un editor gráfico, pertencente ao grupo de aplicacións de uso libre, con versións tanto para linux como para windows. Dispón de características e funcións moi avanzadas para realizar multitude de retoques fotográficos ( análogos a Photoshop), e a filosofía de traballo é similar ao resto de aplicacións de retoque fotográfico profesionais.
Podes utilizar The GIMP tanto para retocar imaxes como para crear outras novas. Os pinceles cos que conta a aplicación son a brocha, o lápiz, o tampón de clonar e o aerógrafo.
As características de The GIMP son prácticamente as mesmas que as de calquera editor actual de imaxes: sistema de capas, canles alfa, historial de operacións, ferramentas de selección e transformación, máscaras, degradados, etcétera.
Tamén podes utilizar The GIMP para converter imaxes entre formatos, procesar arquivos por lotes ou editar formatos gráficos animados. Ademais, a funcionalidad do programa pode ampliarse mediante a utilización de plugins. Hai máis dun centenar.
Os formatos de imaxe cos que permite traballar son os seguintes: bmp, gif, jpeg, mng, pcx, pdf, png, ps, psd, svg, tiff, tga, xpm e ata svg.
Na seguinte ligazón podedes descargalo desde a páxina oficial: Gimp
AddInto

Fireshot para facer capturas de pantalla


FireShot é unha extensión de Firefox que permite capturar e salvar calquera parte da páxina web que esteades a ver, tamén permite realizar algúns filtros na parte capturada, incluír notas, seleccionar varios anacos, exportar para un editor de imaxes externo...
Unha excelente opción para os que queren capturar o mellor da web.
Podedes ver aquí un video de demostración bastante completo.
AddInto