Parabéns Federico!
Como sabedes hai uns días o noso compañeiro Federico Pedreira Nores, alumno de 1º curso de Bacharelato do IES SOFÍA CASANOVA conseguiu o primeiro premio entre as 44 poesías presentadas ao concurso de Poesía Minerva 2009, convocado polo Colexio Peleteiro de Santiago coa súa triloxía "Pausas, ademais do primeiro premio na súa categoría no II Premio Literario Escolar para poemas e relatos de Caixanova.
Noraboa Federico!
Se queredes escoitar unha das súas poesías podédelo facer no seguinte Podcast.
Deste xeito aproveito tamén para falarvos de Audacity un programa doado e eficaz para reproducir e editar arquivos de audio. O seu uso permitenos crear e transformar audios para despois insertalos a modo de podcasts nos nosos blogs. Audacity permítenos grabar sons dende distintas fontes (a mais usada é o micrófono) para despois editar e exportar a formato WAV, MP3 u OGG.
Nas seguintes ligazóns podedes ampliar información
Web oficial de descarga
Video titorial
Titorial sinxelo
Titorial mais completo
Gimp.Software libre para retoque fotográfico
Para desenvolver o tema que estamos a ver na clase "Tratamento dixital de imaxes" quérovos falar de Gimp. Un editor gráfico, pertencente ao grupo de aplicacións de uso libre, con versións tanto para linux como para windows. Dispón de características e funcións moi avanzadas para realizar multitude de retoques fotográficos ( análogos a Photoshop), e a filosofía de traballo é similar ao resto de aplicacións de retoque fotográfico profesionais.Podes utilizar The GIMP tanto para retocar imaxes como para crear outras novas. Os pinceles cos que conta a aplicación son a brocha, o lápiz, o tampón de clonar e o aerógrafo.
As características de The GIMP son prácticamente as mesmas que as de calquera editor actual de imaxes: sistema de capas, canles alfa, historial de operacións, ferramentas de selección e transformación, máscaras, degradados, etcétera.
Tamén podes utilizar The GIMP para converter imaxes entre formatos, procesar arquivos por lotes ou editar formatos gráficos animados. Ademais, a funcionalidad do programa pode ampliarse mediante a utilización de plugins. Hai máis dun centenar.
Os formatos de imaxe cos que permite traballar son os seguintes: bmp, gif, jpeg, mng, pcx, pdf, png, ps, psd, svg, tiff, tga, xpm e ata svg.
Na seguinte ligazón podedes descargalo desde a páxina oficial: Gimp





