Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta video. Mostrar todas las entradas

Mr misto Films S.L. visita a clase de TICs de 1º de bacharelato no IES Sofía Casanova

O mércores 17 da Febreiro a xente de Mr Misto Films S.L. pasou pola nosa clase, para axudarnos ca tarefa na que andamos metidos, de crear unha curtametraxe ca que participar no concurso Chámalle como queiras.
Tanto Noelia coma Jose axudáronnos a comprender a importancia do guión, e que unha boa idea é mais importante que os recursos técnicos ou económicos dos que dispoñamos.
Así que despois de ter o guión, graba as secuencias. Podes repetir varias veces unha escena e despois escoller a mellor.
Pasa ao ordenador as escenas.
Monta o vídeo, facendo as divisións e os cortes necesarios. Se o son non é suficiente bo, podes grabalo aparte.
AddInto

Gravar videotutorais con CamStudio

Para gravar en vídeo o que estamos a facer na nosa pantalla utilizaremos o programa CamStudio por ser gratuito e de código aberto.

  1. Entra na web camstudio.es e descarga o programa no apartado Ligazóns útiles. Tamén é interesanta descargar os códecs de audio para poder gravar voz. Instala o programa.
  2. Visualiza o seguinte videotutorial para aprender as funcións mais básicas.





Tamén tes outras opcións para realizar screencast como Screentoaster ferramenta on line na que non se necesita ter ningún programa instalado.
AddInto

Nos pensamos, nos compartimos


AddInto

Para facer vídeo titoriais


Unha forma fácil e rápida de gravar o que ocorre na pantalla do noso computador para facer vídeo titoriais, é utilizar a extensión Capture Fox para Mozilla Firefox.
Deste xeito obtemos un arquivo con formato avi.
Para facer uso dela unha vez que o teñamos instalado no sistema debemos picar na icona con forma de cámara que nos aparece na barra de estado de Mozilla. Abrirásenos unha xanela con opcións entre as que podemos elixir se queremos gravar só a xanela do navegador ou todo ao completo, a calidade do vídeo e se queremos gravar o son do micrófono tamén.

Via Genbeta
AddInto

A forma máis fácil de descargar un vídeo en Youtube


Interesante e rápida forma de baixar vídeos de youtube que se explica perfectamente no vídeo mostrado.

Web desenvolvida por Antonio Bugarin, de México, que pensou kickyoutube.com para facilitar a vida dos que non queren complicarlla.

Só hai que agregar kick na url do vídeo. Por exemplo http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6ou4. Desta forma aparecerá unha barra na parte superior onde podes elixir os diferentes formatos. Tamén ten ruta rápida agregando http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6u4&now ao final onde che descarga automaticamente o flv.

Até o momento conta con flv, avi, mpg e mp3.

Vía Wwwhat´s new?
AddInto

Todos os vídeos da MTV o teu alcance


Agora podes gozar de todos os vídeos da MTV, xa que subiron toda a súa videoteca a MTVmusic para que a teñamos online e podamos gozala cando e como queiramos.

Ten unha mestura de vídeos veteranos, xa sabedes, aqueles clásicos inesquecibles como o Thriller de Michael Jackson, ou os máis modernos e que están actualmente de moda.

Estes vídeos podemos velos na web ou mesmo incrustalos no noso blog, para compartilo con todos os nosos amigos. É totalmente legal e gratuíto.
AddInto

Unha visión dos alumnos

AddInto

Lista de reprodución

AddInto