Google Maps

Desde o ano 2005, Google puxo en funcionamento un sevicio gratuíto de mapas dixitais que permiten o desprazamento por toda a xeografía do globo terráqueo e a localización de cidades, montañas, ríos ou calquera outro compoñente da paisaxe da Terra. Baséase en mapas creados a partir dos satélites que teñen a súa órbita xeoestacionaria sobre a Terra, e que son os mesmos que utilizan os dispositivos GPS.

Existen varios modos de traballar con Google Maps, nos seguintes vídeos podes aprender como funciona.

AddInto

Galinux


A Xunta lanza Galinux, un sistema operativo libre, gratis e en galego.

O novo sistema pódese descargar gratis na Red ou a través dos cedés que repartirá a Xunta.

O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco , presentou hoxe «Galinux», un sistema operativo baseado en software libre, con todas as aplicacións incluídas, ademais das actualizacións, que foi promovido polo Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galicia (Mancomún), que depende da Consellería.
AddInto

Felicitacións de Nadal


Achégase o Nadal e con iso a oportunidade de contactar con amigos e familiares. Ë época de enviar as tradicionais postais do Nadal. Existen na Rede algúns espazos que nos ofrecen a creación das nosas propias postais que podemos embeber nos nosos blogs ó imprimir. Algúns deses espazos son:

- Kisseo. Postais interactivas con boa calidade de deseño, aínda que con poucas opcións de personalización.

- Cartóns.com. Creación dos nosos propios cartóns que permite inserción nos blogs.

- 1001 Postales. Postais clásicas con gran cantidade de categorías e moitas opcións de personalización.

- Postales.com. Deseño gracioso e de calidade con servizos engadidos.

- Postales Ozu. Opcións de personalización únicas e mensaxes en HTML.

- Saludos virtuales. Podemos usar as nosas propias fotos, voz e música. Dispón de máis de 900 cartóns.
AddInto

Licencias Creative Commons

AddInto

Para facer vídeo titoriais


Unha forma fácil e rápida de gravar o que ocorre na pantalla do noso computador para facer vídeo titoriais, é utilizar a extensión Capture Fox para Mozilla Firefox.
Deste xeito obtemos un arquivo con formato avi.
Para facer uso dela unha vez que o teñamos instalado no sistema debemos picar na icona con forma de cámara que nos aparece na barra de estado de Mozilla. Abrirásenos unha xanela con opcións entre as que podemos elixir se queremos gravar só a xanela do navegador ou todo ao completo, a calidade do vídeo e se queremos gravar o son do micrófono tamén.

Via Genbeta
AddInto

A forma máis fácil de descargar un vídeo en Youtube


Interesante e rápida forma de baixar vídeos de youtube que se explica perfectamente no vídeo mostrado.

Web desenvolvida por Antonio Bugarin, de México, que pensou kickyoutube.com para facilitar a vida dos que non queren complicarlla.

Só hai que agregar kick na url do vídeo. Por exemplo http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6ou4. Desta forma aparecerá unha barra na parte superior onde podes elixir os diferentes formatos. Tamén ten ruta rápida agregando http://www.kickyoutube.com/watch?v=_NOK7ECe6u4&now ao final onde che descarga automaticamente o flv.

Até o momento conta con flv, avi, mpg e mp3.

Vía Wwwhat´s new?
AddInto

Ecos na Rede




Woices é un servizo web gratuito que permite crear, compartir e escoitar ecos, grabaciones de audio que se enlazan a unha localización xeográfica concreta ou a un obxecto da vida real. O obxectivo final de Woices é estender a realidade creando unha nova capa de información en formato audio, chamada ecosfera, que fará do mundo un lugar máis interesante.

¿Que é un eco?

Os ecos son palabras, deixadas por unha persoa nun lugar preciso, que poden ser escoitadas máis tarde por alguén coma se o autor estivese aínda alí. Os ecos poden tratar sobre calquera cousa que queiras, desde historia, arte ou curiosidades ata memorias persoais ou consellos. Un eco pode ser ata un poema.
AddInto

Chats de vídeo e audio con Gmail

Vía Genbeta, entérome que nos próximos días poderemos realizar chats de vídeo a través de Google Talk.

Será necesario instalar un pequeno plugin no noso sistema, que funcionará cos principais navegadores web.

O plugin podémolo descargar desta páxina, e despois activaremos a posibilidade de establecer chat de audio e vídeo desde o menú opcións do widget de Gmail Chat, e só nos queda seleccionar e abrir a ventá de calquera contacto que teñamos activo nese momento.

Para facernos unha idea do seu funcionamento, aquí temos un vídeo.



AddInto

Todos os vídeos da MTV o teu alcance


Agora podes gozar de todos os vídeos da MTV, xa que subiron toda a súa videoteca a MTVmusic para que a teñamos online e podamos gozala cando e como queiramos.

Ten unha mestura de vídeos veteranos, xa sabedes, aqueles clásicos inesquecibles como o Thriller de Michael Jackson, ou os máis modernos e que están actualmente de moda.

Estes vídeos podemos velos na web ou mesmo incrustalos no noso blog, para compartilo con todos os nosos amigos. É totalmente legal e gratuíto.
AddInto

Aprende a estudar


"Web aprender a estudiar" é unha páxina interactiva que explica como estudar dunha forma divertida. Ademáis contén actividades prácticas.
AddInto