Ataque de virus en Fotolog




Aquí vos deixo unha entrada que apareceu en Blogoff que fala dun virus que se distribúe a través de Fotolog.com.

Botádelle un ollo porque é moi interesante para todos os usuarios de Fotolog.com, que ben sei que sodes moitos.

Vía: Blogoff.es
AddInto

Para pasar a PDF as nosas páxinas web



HTML-PDF Converter é unha aplicación que permite converter páxinas Web a formato PDF siplemente engadindo a URL da páxina desexada e premer no botón "Make PDF".

É totalmente libre e gratuíta
AddInto

Nos pensamos, nos compartimos


AddInto

Problemas con Google Docs


Google fixo público un fallo de seguridade que afectou de xeito parcial a Google Docs, o seu servizo online de tratamento de textos.

O problema, que permitía acceder a documentos alleos sen autorización, foi reparado durante o fin de semana, segundo Google, que recoñeceu que afectara a un 0,05% dos documentos online.
O buraco afectou a un 0,05% dos documentos online

Esta vulnerabilidad únicamente podía ser explotada no caso dos documentos compartidos entre varios usuarios. Aqueles que non conceden permiso a terceiros para acceder aos documentos puideron consultar os mesmos sen ningún tipo de problema.






AddInto

Scribd



Neste momento estamos a traballar con Open Office e concretamente co seu Procesador de texto Writer. Lembrade que debedes de facer os exercicios 1 e 6 da páxina 125 do libro e o rematar enviarmos por correo electrónico. Ademais debedes publicalos no voso blog utilizando Scribd un sitio que permite aloxamento e publicacións de arquivos ofimáticos. Estes son os formatos que soporta:
  • Adobe PDF (.pdf)
  • Adobe PostScript (.ps)
  • Microsoft Word (.doc/ .docx)
  • Microsoft PowerPoint (.ppt/.pps/.pptx)
  • Microsoft Excel (.xls/.xlsx)
  • OpenOffice Text Document (.odt, .sxw)
  • OpenOffice Presentation Document (.odp, .sxi)
  • OpenOffice Spreadsheet (.ods, .sxc)
  • All OpenDocument formats
  • Plain text (.txt)
  • Rich text format (.rtf)
Coma sempre, o arquivo pasarase a formato flash para a súa presentación en pantalla, o que permitirá que podamos obter o código para inserilos nos nosos sitios web, e ademais baixalos.
AddInto

O hardware. Compoñentes dun ordenador

No seguinte vídeo podes ver os compoñentes de hardware dun ordenador desde Second Life sen poñer en perigo a integridade do equipo nin coller un desparafusador.


Ou si prefires aquí tes un vídeo sobre o mesmo tema da factoría Common Craft.

Podes aproveitar para traducilo o galego e así mellorar a túa nota.








Vía Tecnotic
AddInto

Para organizar as túas clases


Hoxe quero presentarvos unha aplicación que vos pode ser de moita axuda nos vosos estudos.

mySchoolog é unha aplicación en liña baseada en tecnoloxía web, coa que os estudantes poden organizar facilmente a súa vida escolar. Permite crear unha axenda semanal de materias orgaanizar unha lista de tarefas exportala a PDF, TXT.. e recibir notificacións das tarefas a través de e-mail. Tamén dispón dun editor de texto para tomar apuntes online e un apartado de "Notas".
AddInto

Spotify


Se hai unha aplicación que está de moda nos últimos días esa é sen dúbida Spotify. Trátase dun reprodutor musical co cal non necesitaremos ter na nosa máquina toda a nosa discografía, ao conter esta aplicación unha ámplia libraría musical na cal podemos atopar todo o catálogo de discográficas tan importantes como EMI, Universal, Sony BMG e Warner Music.

En teoría, para acceder á aplicación é necesaria unha invitación, aínda que hai unha url aberta (https://www.spotify.com/en/get-started/) na cal poderemos rexistrarnos sen necesidade dela. Unha vez rexistrados poderemos acceder á descarga dun programa que necesitaremos instalar no noso computador. Existe versión tanto para windows como para mac, faltando para linux, aínda que na mesma páxina móstranse os pasos necesarios para facer funcionar a versión de windows en linux mediante Wine.

A aplicación chama a atención pola súa sinxeleza, cunha aparencia limpa e simple, na cal contamos cun buscador, onde poderemos atopar case calquera canción (e cada día amplíase máis a oferta) ou diferentes radios para escoitar e descubrir música de diferentes décadas e temáticas. Ademais, poderemos crear as nosas propias listas de reprodución, e mesmo compartilas con outros usuarios mediante unha ligazón que podemos obter. Ésta foi unha das causas polo que a aplicación está en boca de todo o mundo, xa que en calquera momento podemos mostrarlle aos nosos amigos unha lista coas nosas cancións favoritas.

Existe unha versión gratuíta, na cal a única limitación é que cada certo número de cancións introduciranos unha cuña publicitaria. Tamén dispomos de versións de pago, sendo o seu prezo de 0.99 € ao día ou 9.99€ ao mes, nas cales non aparecerá publicidade.
AddInto

Seso con Miolo


A falta de información sobre sexualidade e anticoncepción; o risco para a saúde que supoñen as infeccións de transmisión sexual e o incremento dos embarazos non desexados entre os máis novos,levou a varias organizacións a formar unha Plataforma Nova e a pór en marcha a Campaña "Sexo con seso".
Así que hoxe gustaríame recomendarvos esta páxina na que se tratan temas como os diferentes métodos anticonceptivos, ITS, etc, ademais poderás compartir experiencias con outros mozos que contan as súas historias, ter acceso a xogos, test ou información sobre películas e libros que farán que o teu paseo por "Sexo con seso" sexa moi entretido.

Ligazón: Sexo con seso
AddInto

Cousas de Clase

Con esta entrada quero inagurar unha nova sección "Cousas de Clase" na que irei publicando algúns dos traballos que elaborades na clase. Podedes acceder a ela mediante o enlace da barra lateral. Anímovos a que a visitedes e vos esforcedes para que sexan os vosos traballos os seleccionados.
Empezamos cos mapas feitos por Pablo Puga e Federico Pedreira.

O mapa de Pablo reflexa o escenario no que se desenvolve o libro que está lendo "Anxos e Demos".


Ver mapa más grande

O mapa de Federico é unha relación dos edificios modernistas máis emblemáticos da cidade de Ferrol.


Ver mapa más grande

Parabéns aos dous!

Podedes consultar os seus blogs aquí.

[P]PUGA[P]
Jauja
AddInto