Spotify


Se hai unha aplicación que está de moda nos últimos días esa é sen dúbida Spotify. Trátase dun reprodutor musical co cal non necesitaremos ter na nosa máquina toda a nosa discografía, ao conter esta aplicación unha ámplia libraría musical na cal podemos atopar todo o catálogo de discográficas tan importantes como EMI, Universal, Sony BMG e Warner Music.

En teoría, para acceder á aplicación é necesaria unha invitación, aínda que hai unha url aberta (https://www.spotify.com/en/get-started/) na cal poderemos rexistrarnos sen necesidade dela. Unha vez rexistrados poderemos acceder á descarga dun programa que necesitaremos instalar no noso computador. Existe versión tanto para windows como para mac, faltando para linux, aínda que na mesma páxina móstranse os pasos necesarios para facer funcionar a versión de windows en linux mediante Wine.

A aplicación chama a atención pola súa sinxeleza, cunha aparencia limpa e simple, na cal contamos cun buscador, onde poderemos atopar case calquera canción (e cada día amplíase máis a oferta) ou diferentes radios para escoitar e descubrir música de diferentes décadas e temáticas. Ademais, poderemos crear as nosas propias listas de reprodución, e mesmo compartilas con outros usuarios mediante unha ligazón que podemos obter. Ésta foi unha das causas polo que a aplicación está en boca de todo o mundo, xa que en calquera momento podemos mostrarlle aos nosos amigos unha lista coas nosas cancións favoritas.

Existe unha versión gratuíta, na cal a única limitación é que cada certo número de cancións introduciranos unha cuña publicitaria. Tamén dispomos de versións de pago, sendo o seu prezo de 0.99 € ao día ou 9.99€ ao mes, nas cales non aparecerá publicidade.
AddInto

Seso con Miolo


A falta de información sobre sexualidade e anticoncepción; o risco para a saúde que supoñen as infeccións de transmisión sexual e o incremento dos embarazos non desexados entre os máis novos,levou a varias organizacións a formar unha Plataforma Nova e a pór en marcha a Campaña "Sexo con seso".
Así que hoxe gustaríame recomendarvos esta páxina na que se tratan temas como os diferentes métodos anticonceptivos, ITS, etc, ademais poderás compartir experiencias con outros mozos que contan as súas historias, ter acceso a xogos, test ou información sobre películas e libros que farán que o teu paseo por "Sexo con seso" sexa moi entretido.

Ligazón: Sexo con seso
AddInto

Cousas de Clase

Con esta entrada quero inagurar unha nova sección "Cousas de Clase" na que irei publicando algúns dos traballos que elaborades na clase. Podedes acceder a ela mediante o enlace da barra lateral. Anímovos a que a visitedes e vos esforcedes para que sexan os vosos traballos os seleccionados.
Empezamos cos mapas feitos por Pablo Puga e Federico Pedreira.

O mapa de Pablo reflexa o escenario no que se desenvolve o libro que está lendo "Anxos e Demos".


Ver mapa más grande

O mapa de Federico é unha relación dos edificios modernistas máis emblemáticos da cidade de Ferrol.


Ver mapa más grande

Parabéns aos dous!

Podedes consultar os seus blogs aquí.

[P]PUGA[P]
Jauja
AddInto

iSpring converte as túas presentacións a formato flash


Cantas veces necesitaches converter unha presentación de PowerPoint ou Impress en Flash para que conservara as súas transicións, sons e enlaces activos?, iSpring é unha ferramenta de descarga gratuíta que o permite.

Funciona como un complemento de PowerPoint e Impress, agregándose como unha barra de ferramentas con botóns que nos dan a posibilidade de crear un arquivo SWF que podemos gardar no noso disco local, ou ben subilo a Internet para logo poder incrustalo nalgún sitio web ou no noso blog. Para realizar isto último temos que crearnos unha conta en SlideBoom, sitio ó que se subirá o arquivo SWF xenerado permitíndonos poder compartilo posteriormente.

Via: Genbeta
AddInto

Youtube e Slideshare

Xa podes insertar vídeos de Youtube nas túas presentacións de SlideShare dunha forma sinxela.

O procedemento é o seguinte:

Unha vez que subas a túa presentación pulsa "Edit" para editala e a continuación selecciona "Insert Youtube vídeo", introduce a URL do vídeo que queres insertar, selecciona a posición que ocupará o vídeo dentro da presentación e pulsa en "Insert and Publish", unha vez publicada a presentación xa poderás ver como queda.

AddInto

Google Latitude, para saber onde están os teus amigos


Google Latitude é o nome dunha nova aplicación de Google que che axuda a situar aos teus amigos no mapa. O servizo, que se lanza hoxe, é unha aplicación de Google Maps para móbiles que permite compartir a túa localización con amigos e familiares. Aínda que non indica a túa posición exacta permíteche coñecer aproximadamente onde están os teus amigos nun momento dado.

Mediante unha conta de Google, pódese aceptar Latitude para convidar a amigos e familiares a que se unan tamén. Cando acepten a solicitude, é posible ver os seus perfís mostrados nun mapa desde o teu dispositivo móbil.
Unha vez que compartida a localización, tamén é posible ocultala a certos amigos ou a todos eles

Google Latitude permite quedar espontaneamente cun amigo cando estea cerca, manter o contacto con familiares e coñecidos que están na distancia ou atopar aos amigos en grandes aglomeracións, como acontecementos deportivos ou concertos.

Mediante Latitude podes picar sobre a icona dun amigo para chamarlle, enviarlle un sms, unha mensaxe instantánea ou un correo electrónico. Latitude tamén pode darche indicacións para atoparlles.

Unha vez que compartida a localización, tamén é posible ocultala a certos amigos ou a todos eles ou mesmo desactivar Latitude completamente en calquera momento para conservar a privaacidad cando así se desexe. Ademais, pódese definir o nivel de privacidade individualmente.
AddInto

Fireshot para facer capturas de pantalla


FireShot é unha extensión de Firefox que permite capturar e salvar calquera parte da páxina web que esteades a ver, tamén permite realizar algúns filtros na parte capturada, incluír notas, seleccionar varios anacos, exportar para un editor de imaxes externo...
Unha excelente opción para os que queren capturar o mellor da web.
Podedes ver aquí un video de demostración bastante completo.
AddInto

ExploraTree, crea e comparte mapas conceptuais en Internet


Atopámonos con ExploraTree, outra aplicación online que nos permite a creación e, no seu caso, revisión colectiva, dos mapas conceptuais que podemos realizar. Non se trata, para nada, dunha ferramenta complexa.

Máis ben o seu uso é en grao sumo simple, onde a principal vantaxe que temos son os numerosos persoais das que podemos partir para crear os nosos mapas conceptuais.

E como dixemos antes, estes mapas conceptuais poden ser revisados por persoas concretas ou grupos de usuarios, polo que se nos permite a creación de grupos, xa que unha vez teñamos calquera mapa conceptual, este pode ser enviado e compartido a persoas individuais, grupos, e mesmo pode ser copiado por outros usuarios a través dunha URL.

No caso de que o mapa conceptual sexa enviado, os destinatarios estarán limitados a incluír os seus propios comentarios, aínda que se o mapa conceptual foi compartido, os usuarios poden participar no seu desenvolvemento.

ExploraTree é unha das opcións máis sinxelas e funcionais que existen para aqueles que non necesitan máis opcións para realizar sinxelos mapas conceptuais.

Vía Genbeta
AddInto

Mapas Conceptuais

Os mapas conceptuais son unha fantástica ferramenta que nos permite representar gráficamente o coñecemento.
Están formados por conceptos que se relacionan entre si por medio de palabras e liñas de enlace formando así oracións.
Os mapas conceptuais estrutúranse en forma xerárquica na que os conceptos máis xerais están na raíz da árbore e a medida que imos descendendo polo mesmo ímonos atopando con conceptos máis específicos.

Como construír un mapa conceptual?
  1. Seleccionar un tema
  2. Agrupar
  3. Conectar
Seleccionar

Despois de ler un texto, seleccionar os conceptos cos que se vai a traballar e facer unha lista con eles.

Agrupar

Agrupar os conceptos cuxa relación sexa próxima.

Conectar

Conectar os conceptos mediante enlaces. Un enlace define a relación entre dous conceptos, e este ha de crear unha oración correcta. A dirección da frecha dinos como se forma a oración

Na seguinte presentación feita por Lourdes Barroso podes ver as principais características dos mapas conceptuais e como instalar Cmap Tools o programa que imos utilizar en clase para traballar.




Características técnicas de Cmap Tools

* Sistemas operativos: Windows, Linux, MacOS e Solaris
* Ten carácter gratuíto. Descarga do programa.
* Fácil de usar. Dispón de bos e completos tutoriales.
* Permite o traballo con ou sen conexión a Internet, aínda que se obtén o máximo rendemento se se traballa con conexión.
* Dispón dunha versión do programa para instalar en servidores.
* Ofrece aloxamento web gratuíto para a publicación dos mapas en Internet, sen máis complexidade que a de crear un cartafol nalgún dos servidores públicos de IHCM e aloxando o mapa nela, accédese a esta opción desde o propio programa. O/a creador/a convértese en administrador da mesma e establece os permisos dos demais usuarios:
Só lectura
Engadir anotacións
Modificar
Administrar
* Permite traballo colaborativo


Tamén existen ferramentas on line para crear mapas conceptuais, como:

AddInto

Google Earth amosa 14 obras maestras do Museo do Prado en alta resolución


No blog de Google earth atopámonos un interesante entrada que nos informa dunha nova capa para Museo do Prado. Ten de especial que mostra unha selección de 14 pinturas que foron escaneadas a unha resolución moi alta.

Pódese seleccionar unha foto e ver algúns detalles sobre o cadro, e despois clicar na imaxe máis grande para voar dentro do museo e vela en alta resolución.
Para acceder a ela hai que buscar o Museo do Prado en Google Earth, unha vez alí seleccionar a capa (atópase á entrada do edificio). É verdadeiramente incrible, pódense ver as pinceladas individuais, as texturas das lonas e nalgúns casos gretas na superficie da pintura.


AddInto