Via: What the blogs
Parabéns Federico!
Como sabedes hai uns días o noso compañeiro Federico Pedreira Nores, alumno de 1º curso de Bacharelato do IES SOFÍA CASANOVA conseguiu o primeiro premio entre as 44 poesías presentadas ao concurso de Poesía Minerva 2009, convocado polo Colexio Peleteiro de Santiago coa súa triloxía "Pausas, ademais do primeiro premio na súa categoría no II Premio Literario Escolar para poemas e relatos de Caixanova.
Noraboa Federico!
Se queredes escoitar unha das súas poesías podédelo facer no seguinte Podcast.
Deste xeito aproveito tamén para falarvos de Audacity un programa doado e eficaz para reproducir e editar arquivos de audio. O seu uso permitenos crear e transformar audios para despois insertalos a modo de podcasts nos nosos blogs. Audacity permítenos grabar sons dende distintas fontes (a mais usada é o micrófono) para despois editar e exportar a formato WAV, MP3 u OGG.
Nas seguintes ligazóns podedes ampliar información
Web oficial de descarga
Video titorial
Titorial sinxelo
Titorial mais completo
Condenado por publicar a foto dun compañeiro en Tuenti
No xornal "El País" aparece unha noticia que fala dun rapaz de Sevilla condenado a pagar unha multa de 100 euros por publicar unha foto dun compañeiro de clase na rede social Tuenti.A sentenza recoñece que a foto foi editada para provocar a burla e os comentarios despectivos.
Es coñecedor de que estes comportamentos constitúen feitos delictivos?, ou pensas que son bromas normais entre a xente da túa idade e que carecen de importancia.
Deixa os teus comentarios
Morre Mª Amelia a avóa blogueira
O mércores 20 de Maio morreu Mª Amelia a avóa blogueira. Fíxose famosa cando empezou a escribir o cumplir 95 anos un blog regalou o seu neto. Dende ese momento o blog empezou a ser un dos máis visitados da rede, o que lle valeu para conseguir varios premios entre eles o Best of Blogs, da cadea de televisión internacional alemana Deutsche Welle á mellor bitácora en español. Mª Amelia foi entrevistada en moitas ocasións por infinidade de medios, e tamén a visitou o presidente do goberno José Luis Rodríguez Zapatero.
Era un exemplo de vitalidade, de gañas de aprender e de bo rollo.
Deixovos a ligazón o seu blog. http://amis95.blogspot.com/
Descanse en paz
A Xunta de Galicia gasta máis de 2 millóns de euros en renovación de licenzas Microsoft
Lea, reflexiona e di cal é a túa opinión respecto diso na sección de comentarios desta entrada
Gimp.Software libre para retoque fotográfico
Para desenvolver o tema que estamos a ver na clase "Tratamento dixital de imaxes" quérovos falar de Gimp. Un editor gráfico, pertencente ao grupo de aplicacións de uso libre, con versións tanto para linux como para windows. Dispón de características e funcións moi avanzadas para realizar multitude de retoques fotográficos ( análogos a Photoshop), e a filosofía de traballo é similar ao resto de aplicacións de retoque fotográfico profesionais.Podes utilizar The GIMP tanto para retocar imaxes como para crear outras novas. Os pinceles cos que conta a aplicación son a brocha, o lápiz, o tampón de clonar e o aerógrafo.
As características de The GIMP son prácticamente as mesmas que as de calquera editor actual de imaxes: sistema de capas, canles alfa, historial de operacións, ferramentas de selección e transformación, máscaras, degradados, etcétera.
Tamén podes utilizar The GIMP para converter imaxes entre formatos, procesar arquivos por lotes ou editar formatos gráficos animados. Ademais, a funcionalidad do programa pode ampliarse mediante a utilización de plugins. Hai máis dun centenar.
Os formatos de imaxe cos que permite traballar son os seguintes: bmp, gif, jpeg, mng, pcx, pdf, png, ps, psd, svg, tiff, tga, xpm e ata svg.
Na seguinte ligazón podedes descargalo desde a páxina oficial: Gimp
A historia de Internet
Seguridade nas redes sociais
Rocío Cabanillas no Blog de Recursos Tic en Educación, explica o decálogo para facer uso das redes sociais de forma segura da empresa S21sec que resumimos a continuación:
1- Non indiques datos persoais como a túa dirección, traballo ou teléfono.
2- Utiliza un contrasinal complexo.
3- Se decides incluír información sobre os teus gustos, afeccións ou preferencias ten
en conta que podes sufrir un bombardeo de publicidade non desexada.
4-Algunhas redes ofrecen a posibilidade de utilizar a túa conta de correo electrónico, ten en conta que se se fornece o contrasinal, sempre a piden, existe o risco que poidan acceder ás túas mensaxes.
5- Non inclúas datos bancarios ou dos teus cartóns de crédito. Verifica os medios de pago seguros habituais (conexión https:, verified by visa, etc.)
6- Non deas nunca información sobre a túa situación laboral, familiar ou futuros plans e viaxes.
7- Cando subas fotos ou vídeos ten en conta que algunhas redes sociais obrigan a aceptar a cesión da xestión dese material.
8- Non publiques fotos comprometedoras túas ou dos teus amigos ou coñecidos, ou se o fas acórdate de restrinxir as persoas que teñen acceso ás mesmas.
9- Non confíes sempre en todo o que atopas na rede.
10- Antes de engadir un novo contacto a túa lista de amigos trata de informarte ben sobre él.
Ataque de virus en Fotolog

Aquí vos deixo unha entrada que apareceu en Blogoff que fala dun virus que se distribúe a través de Fotolog.com.
Botádelle un ollo porque é moi interesante para todos os usuarios de Fotolog.com, que ben sei que sodes moitos.
Vía: Blogoff.es





