Consecuencias da información que se pon no tuenti ou no facebook

AddInto

Inicio co Gimp


Gimp é a mellor alternativa libre o softwrea propietario de edición dixital. Permite procesar debuxos vectoriais e fotografías dixitais.
Podes descargalo de Gimp.org , tamén existe a versión portable.

O primeiro exercicio que faremos será debuxar figuras xeométricas, intenta facer un debuxo similar ao de figura para elo debrás utilizar as seguintes ferramentas:

  • lápiz
  • selección cadrada e elíptica
  • encher de cor
  • degradado de cor
AddInto

Colección de pezas con Google Sketchup

Deixovos unha ligazón a colección de pezas cas que estamos a traballar as vistas principais dos obxectos. Estas pezas están feitas co programa que xa coñecedes e que tanto vos gusta Google Sketchup.

Recoméndovos que o descarguedes o voso ordenador ao igual que as pezas e probedes a xiralas para ver o alzado, pranta e perfil

AddInto

Vídeos de debuxo






AddInto

Por que utilizar software libre na escola segundo Richard Satllman

AddInto

A caixa de texto en Ning


A caixa de texto na rede Ning é un dos elementos máis versátiles. Permítenos engadir texto, HTML e widgets, o maior problema é o editor tan limitado que ten. Para solucionalo os que usades Mozilla Firefox podedes instalar a extensión write area que engade un editor de texto enriquecido para facilitar a escritura en Ning, deste xeito podedes escribir en negriña, cores, táboas, HTML ....


Unha vez instalado preme co botón dereito no cadro de texto e selecciona a opción editar con write area
AddInto

Documento de Traballo da webquest sobre a web 2.0 de David, Jorge, Antón, Brais e Rubén

David, Jorge, Antón, Brais e Rubén preséntannos os seus documentos de traballo individuais da webquest que estamos a desenvolver, en formato páxina web utilizando Google Sites. Recoméndovos que lle botedes un ollo porque está moi interesante.


Parabéns a todos!!!


Ligazón: http://sites.google.com/site/digitalagenews/home
AddInto

Traballo de Alfonso para a webquest sobre a web 2.0

Ahí vai o primeiro traballo do compañeiro Alfonso Leiracha Franco.



Video para TICS (Traballo de Outubro) from Alfonso Leiracha Franco on Vimeo.


Parabéns Alfonso!!
AddInto

Elaborando unha webquest sobre a Web 2.0

Esta semana estámonos achegando a Web 2.0, e para elo estamos traballando en grupos colaborativos desenvolvendo a Webquest sobre a Web 2.0  .

Según vaiamos avanzando iremos publicando na sección cousas de clase os traballos que ides elaborando. De momento parabéns a todos vos!!, sodes moi imaxinativos, se vos ocurren cousas que eu nunca pensaría.



AddInto

O Proceso Tecnolóxico.Actividades jclic

Se prefires velo mais grande nunha ventá aparte preme na seguinte ligazón


AddInto